Hai plans que teñen hora de inicio… pero nunca de final. Esta tote bag nace para acompañarte nesas quedadas onde sempre hai “unha última” máis.
Práctica, resistente e cun deseño exclusivo de Dálle Xogo, é perfecta para levar xogos, accesorios ou o que faga falta para esas sesións que se alargan sen aviso. Porque cando a xente di “marchamos”… todos sabemos que non é verdade.
🎲 Por que a vas querer?
Espazo amplo para xogos e uso diario
Material resistente para acompañarte en calquera plan
Asas cómodas para levar ao ombreiro
Costuras reforzadas para maior durabilidade
Deseño exclusivo de Dálle Xogo
Reutilizable e sostible
📏 Detalles do produto
Material: 100 % algodón resistente
Capacidade: 10 L
Cor: natural con estampado oficial
Coidado: lavable e reutilizable
Non é a última. Nunca o é.
A última e marchamos (mentira).
Dálle Xogo.








Reseñas
Aínda non hai valoracións.