Hai frases que son tradición en calquera mesa de xogo… e logo está esta. “A última e marchamos (mentira)” é ese momento no que todos sabemos que vai haber outra partida máis.
A sudadeira oficial con esta frase está pensada para acompañarte nas sesións que se alargan sen permiso, nas noites de risas e nas partidas que nunca son a última. Quente, cómoda e cun deseño exclusivo de Dálle Xogo, é perfecta para seguir xogando cando xa ninguén mira o reloxo.
🎲 Por que a vas querer?
Corte cómodo e unisex para uso diario
Tecido suave e cálido ideal para longas partidas
Capucha con dobre forro e cordón a xogo
Bolsillo frontal tipo canguro
Acabados elásticos en puños e cintura
📏 Detalles do produto
Material: 50 % algodón / 50 % poliéster
Tecido de tacto suave e resistente ao pilling
Capucha con dobre forro
Bolsillo frontal
Puños e cintura con elastano
Non é a última… xa o sabemos todos.
A última e marchamos (mentira).
Dálle Xogo.














Reseñas
Aínda non hai valoracións.